Roque de Montpellier
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Roque.
San Roque no Mosteiro da Armenteira
Retablo e tumba de San Roque en Venecia.
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.
Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara o mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría
baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á
hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao
santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia.
Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.
O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias,
a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas
que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo
que era nomeado Santo patrón da localidade.
Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza),
cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón
dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a
peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.
Índice
Tradicións de culto
É o patrón de moitas parroquias galegas.
En Betanzos celébranse a romaría dos Caneiros, e o día 16, nas festas de San Roque de Betanzos, lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila.
Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de Vigo e en Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
En Llanes
é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran
procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do
Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.
Galería de imaxes
-
San Roque no Mosteiro de Santa María de Oia
No hay comentarios:
Publicar un comentario